luns, 22 de xaneiro de 2018

DE CANDO FOI NADAL
Hoxe ímosvos contar brevemente cómo foi o noso último día do ano, porque o pasamos tan ben e estabamos tan guapos e guapas e bailamos tan marabillosamente, que non volo podedes perder!
O primeiro que fixemos foi levarlles aos nosos padriños e madriñas a postal de Nadal que lles fixeramos uns días antes, mirade que bonitas quedaron:


Logo, fixemos algunha foto de grupo:

E, con moitísimas ganas, fomos bailar e gozar do festival de Panxoliñas! Aquí está o vídeo da canción que eliximos:


 
 
Pero isto non acabou aquí, porque ao subir á nosa aula, logo de merendar....tivemos visita!!

 

E cando pensabamos que xa non había nada máis...mirade a sorpresa que levamos cando chegamos ao cole das vacacións :) Agardamos que vos guste tanto como a nós!
 


Viñeron os Reis!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario