A MALETA DA PROFE RAQUEL
Este curso temos a sorte de ter unha nova profe, Raquel. Queríamos saber algo máis sobre ela, así que trouxo á aula unha pequena caixa repleta de pequenos obxectos que nos falaban dela, do que lle gustaba e vai máis alá das paredes do cole.
Raquel deixounos a súa libreta e o seu bolígrafo das ideas, deixounos xogar coa súa xirafa, espertou os nosos sentidos coa súa vela de olor, e presentounos aos seus cans e á súa gata.
Moitas grazas por compartilo con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario