domingo, 25 de xuño de 2017

E ATA AQUÍ CHEGOU O CURSO 2016/2017!
Remata o curso e comezan as vacacións de verán. É tempo de ir á praia, ao río, á montaña, viaxar, gozar moito da familia e dos amigos e de facer moitas moitas cousas (e de aburrirse un chisquiño, tamén).
Parabéns a todos os nenos e nenas da aula polo seu traballo ao longo do curso, e por compartir coas profes do cole as súas experiencias e emocións. Por suposto, parabéns tamén ás súas familias, pois a súa labor e a colaboración entre a familia e escola son fundamentais na educación dos nenos e nenas.
MOITAS GRAZAS!
 Os nenos e nenas da aula de 3 anos finalizando o curso!

Algunhas ideas :)
 
 
La primera tarea de la educación es agitar la vida,
 pero dejarla libre para que se desarrolle.
María Montessori
 
 
 
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO VERÁN!
Noa e Vega cumpren anos cando estamos de vacacións, pero como non queriamos quedar sen celebrar o seu día, fixemos a festa uns días antes de rematar o curso. As familias de Vega e Noa trouxéronnos un biscoito, zumes e gusanitos riquísimos! Ademais, a mamá de Noa, Iria, veu visitarnos e ensinounos a facer plastilina caseira con fariña, aceite, sal, auga e colorante de varias cores. Moito xogamos con esta plastilina os últimos días de clase!!
Moitas grazas ás familias de Vega e Noa! :)


Aniversario Noa e Vega

luns, 12 de xuño de 2017

UN ROBOT NA AULA

A semana pasada Álex trouxo a Filomena, un robot que ten na casa que traballa moito e deixa todo limpísimo. Non era a primeira vez que nos visitaba, pois hai uns meses Álex convidouna á nosa aula e explicounos como funcionaba, o que comía, onde se cargaba... Esta vez fomos á clase de 4 anos para compartir con eles a visita, e Álex explicounos a todos o seu funcionamento, onde tiña as rodas, comparámola con outro robot parecido que os nenos e nenas de 4 anos tiveran na súa aula, e o máis complicado de todo: contestou ás preguntas dos atentos asistentes moi, moi ben!
Encantounos compartir a visita de Filomena!
Moitas grazas a Álex e á súa familia! :)
 
 
 
 
Explicando o seu funcionamento
 

Respondendo ás preguntas dos asistentes
 
 
E aquí estamos todos con Filomena!