domingo, 26 de febreiro de 2017

SOPRANDO

 
Partindo dos contos Sopra neste furadiño (Edicións Embora) e A sopa queima (OQO), comezamos a investigar sobre o sopro.
Pregúntolles: Cando necesitamos soprar, cando sopramos?
E eles contestan:
- Cando queima a comida.
- Cando lles lanzamos os bicos aos compis que non veñen a clase porque están malitos na casa.
- Cando estamos de cumple.
- Cando queremos que ande un coche, ou un barco...sen tocalo coas mans.
- ...
Como soprar é moi útil e ademáis nos axuda a movilizar os músculos da boca para poder articular ben os sons, facemos exercicios como soprar un molinillo, levar unha pluma soprando por un carreiro ancho, facer pompas de xabón, facer soar un matasuegras, ou soprar por unha palliña a pintura para movela polo papel. 
Aquí vos deixamos unhas imaxes do noso traballo soprando.
Fixémolo moi, moi ben!
 


OBRADOIRO SOPRO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A VIGO DE EXCURSIÓN!

 
O pasado 3 de febreiro fomos visitar a exposición Galicia Cen, de Afundación. Viaxamos ata Vigo no autobús e alí coñecimos obxectos propios da nosa cultura, algúns moi antigos e outros que, na súa versión actual, empregamos no noso día a día. Pasámolo moi ben!
 

domingo, 19 de febreiro de 2017

PAZ E AMOR
 
O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz. Deixámosvos un vídeo  (colgado no blog Infantil Vincios: http://infantilvincios.blogspot.com.es/) contándovos o que fixemos no centro.




Por outra banda, como sabedes o ciclo de Educación Infantil realiza periódicamente obradoiros nos que os nenos de 3, 4 e 5 anos están mesturados e que contribúen enormemente á súa socialización e a aprender colaborando e axudando aos demáis. Neste vídeo celebramos, en dúas xornadas, o Día da Paz e o día do Amor, realizando un obradoiro de cociña e outro de horto e arte efímero con sementes.



Se vos gusta, contádenos nos comentarios! :)

martes, 14 de febreiro de 2017

 PARA VER O MUNDO CON MOITO AMOR
 
 
Os nenos e nenas viven nunha sociedade e escoitan e ven o que nela acontece, polo que hoxe tocaba abordar o tema do amor. Pero..que é iso do amor? E estar namorados? Despois de moito falar case todos coincidían en que o amor era estar contento, e pareceunos moi ben porque nesta clase gústanos moito esa emoción.

 

Solo con el corazón se puede ver bien; lo esencial es invisible para los ojos.
(El Principito, Antoine de Saint-Exupéry)
 
Puxémonos mans á obra e fixemos unha lupa que nos permite ver o mundo con moito amor. Co noso olliño-corazón e un pouco de maxia seguro que funciona!


 


domingo, 12 de febreiro de 2017

INVERNO, INVERNO...

POR QUE NOS GUSTARÁ?

 
Á aula de 3 anos xa hai tempo que chegou o inverno, e para decorar o espazo da nosa aula realizamos un mural con espuma de afeitar e colorante azul, e nel puxémoslle uns copos de neve que decoramos con papeliños e brillantina.
Aquí vos deixamos o vídeo do noso traballo:


mural do inverno - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 
Coa chegada do frío, falamos da roupa que poñemos e traemos á escola para abrigarnos: gorros, bufandas, luvas (e manoplas!), botas, e abrigos e chaquetas ben quentiñas. Traballamos a motricinade fina facendo pequenas boliñas con papel de seda, e a motricidade grosa facendo bolas de papel que encestamos nunha mesa (porque as mesas do revés son tamén moi útiles), desenvolvendo a nosa coordinación visomanual a través do xogo. Animádevos a lanzar sempre que poidades!


Pero aínda hai máis! Os conceptos do inverno sérvennos para traballar de xeito cooperativo, iniciándonos nesta forma de traballo na que todos os nenos e nenas participan e fomentando a axuda e a colaboración. Aquí vai unha pequena mostra, máis adiante amosarémosvos máis actividades que realizamos cooperativamente.


 
Esperamos que vos guste!

venres, 10 de febreiro de 2017

NADAL COS NOSOS

PADRIÑOS E MADRIÑAS

Antes de rematar o primeiro trimestre e de que comezase o Nadal, na aula e no cole estivemos cos preparativos. Como sabedes, temos a sorte de ter uns padriños e madriñas estupendos en terceiro de primaria, e nos días previos ás vacacións axudáronnos a elaborar a nosa carta para os Reis Magos, que logo metimos na Caixa do correo que tiñamos xunto a árbore. Aquí deixamos un vídeo para que vexades o bo equipo que fan os nenos e nenas de 3 anos e os nenos e nenas de 3º de primaria!


Pero non só pedimos desexos aos Reis Magos, tamén decoramos o colexio cos nosos propios desexos. Como o proxecto de centro deste curso son as emocións, enchemos delas os corredores! Nunha silueta da nosa man, os padriños e madriñas escribiron palabras que nos propuxeron e nos gustaron: amor, amizade, paz, ledicia... Fermosas verbas, verdade? 
Agora estas mans decoran as paredes das escaleiras do cole, nas que podemos ler milleiros de palabras emocionantes!
Mirade como o fixemos...
 
 

Mans con sentimentos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Nós, para desexarlles un Bo Nadal e agradecerlles a súa axuda, fixémoslles unhas pequenas postais con moito cariño :)