xoves, 13 de xuño de 2019

VIDES CON NÓS?


Ola!!
Estamos a piques de rematar o curso, e este ano é un pouco máis especial porque rematamos infantil. Pero nada de poñernos tristes, hai que celebralo! Por iso, convidámosvos á pequena festiña que estamos preparando o día 20, á 13:00h da tarde, no patio do cole! 
Agardámosvos!


ZOE CUMPLE 6 ANOS!

No mes de maio celebramos o aniversario de Zoe, que xa leva 6 voltas ao sol!
Visitounos a súa nai, que nos trouxo uns petos de animais moi bonitos para que os decorásemos como quixeramos. Levámolos para casa para ir metendo moedas e tesouros! 
Logo, por suposto, merendamos unha riquísima tarta e algunhas cousiñas máis...Pasámolo moi ben!
Moitas grazas por vir e pasar un ratiño da mañá con nós, Mar!


luns, 20 de maio de 2019

ABELLAS

Hai algunhas semanas investigamos e aprendimos un montón sobre as abellas grazas a un libro que chegou á biblioteca: Mi vida de abeja, de Kirsten Hall e Isabelle Arsenault (Libros del zorro rojo).
Despois de ler o libro realizamos diferentes actividades para saber situar algunhas partes da abella, construír as palabras, sumamos e restamos abellas e bolboretas, recortamos o voo da abella e xogamos co escornabot e as diferentes partes do corpo deste interesante insecto.
Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes!

ABELLAS

domingo, 5 de maio de 2019

PARABÉNS, ÁLEX!

Esta semana celebramos o aniversario de Álex, que xa ten 6 anos! Para a ocasión, Pilar e Alberto viñeron á aula con todo o necesario para facer uns peixes moi orixinais ao noso gusto. Como veredes nas fotos, a variedade e orixinalidade dos peixiños non faltou!
Logo de tanto traballo cantámoslle os parabéns a Álex e sopramos a vela para comer un delicioso biscoito de coche ao que non lle faltaba detalle.
Moitísimas grazas por vir e proponernos unha actividade tan bonita e divertida!
 
 

domingo, 28 de abril de 2019

MAXIA COS OVOS!

Antes das vacacións de Semana Santa fixemos varias actividades relacionadas coa Pascua. Aproveitamos para traballar conceptos matemáticos, desenvolver a creatividade, e controlar algo tan preciso e complicado como o sopro (e comer tortilla).
Aquí vos deixamos imaxes e vídeos do noso traballo:
 
 


Obradoiro Pascua 2019

 

PASCUA-OVOS

AINOA E MARTÍN FAN 6 ANOS

O pasado mércores tivemos a sorte de recibir a Isabel e Mabel, as nais de Martín e Ainoa, para celebrar os aniversarios e pasar un tempiño con elas. Primeiro sopramos as velas e comimos os deliciosos doces que trouxeron: un biscoito que estaba para chupar os dedos e un tren que desmontamos rápidamente do riquísimo que estaba.
Coa barrigola ben chea escoitamos primeiro a Mabel ler A memoria das árbores, un conto que elixiu con Ainoa e que nos encantou. A continuación Isabel e Iria contaron unha variante do conto Os tres porquiños, cunhas marionetas e casiñas de palla, madeira e ladrillo que fixeran con Martín na casa.
Estivemos moi atentos e atentas, pero é que Mabel, Iria e Isabel contaron suuuuper ben.
Pero isto non rematou aquí. Aproveitando que acababa de ser o Día do Libro, trouxéronnos un feixe de follas e flores secas coas que elaboramos un marcapáxinas para os nosos contos. Quedaron preciosos!
 
Moitísimas grazas por preparar as actividades e vir á aula, por facelo tan ben e con tanto cariño.
 

AINOA E MARTÍN 6

xoves, 4 de abril de 2019

SEMENTANDO

Co bo tempo e a preparación da horta decidimos comezar a experimentar coas sementes. Por equipos, razonamos cal era o material e os pasos que tiñamos que seguir para facer sementeiros e traballamos repartindo as tarefas. Aproveitamos a ocasión para avaliar os equipos e cambiar os cargos que tiñamos ata o momento. Reflexionar cos nosos compañeiros e compañeiras é moi importante, xa que aprenden tanto a expresar educadamente o que fan e non fan correctamente, como a asumir as críticas e decatarse do que teñen que mellorar.
 
 

SEMENTANDO